Tatto Circus: A Corunha

Tinta PRO-PRESXS en mi querida galiza, furancho forever!

O TATTOO CIRCUS é un encontro enfocado á recadación de fondos para o apoio a persoas presas ou proxectos antirrepresivos, mediante a realización de tatuaxes, piercings, escarificacións ou calquera forma de modificación corporal, así como de concertos, xantadores, palestras, exposicións…, que acompañan e dotan dun contido político a esta actividade.

O Tattoo Circus nace en Roma fai uns anos e rapidamente trasládase a bastantes cidades europeas (Barcelona, Londres, Tesalónica, Cádiz…) e espontaneamente trázase unha dinámica común á hora de organizalo. Aínda que cada grupo, en cada lugar é totalmente autónomo, hai unha base común que se pode resumir en varios puntos:

– Cartos: Todo o recadado destinarase íntegramente á loita pro-presxs, tanto en financiamento de proxectos de este tipo (Campaña CÁRCERE=TORTURA), como ao apoio directo.

– Organización: A organización do Tattoo Circus é asamblearia e horizontal. Ninguén recibe ningún tipo de remuneración. Tatuadorxs, anilladorxs, grupos de música e toda persoa que participe o fai de forma solidaria. Únicamente estimarase o pago da viaxe a quen veña de fóra no caso que sexa estritamente necesario por non haber xente do lugar que poda facer este cometido ou por non poderse sufragar a simesmx a viaxe. A todxs se lles dará de comer, consumicións e aloxamento.

– Contido: O Tattoo Circus non xira ao redor da tatuaxe nin dos piercings. A súa base é a loita contra os cárceres e contra a represión. Por iso debe ir acompañado de palestras, difusión anticarcelaria, películas, actuacións, buzón de correo para escribir a presxs ou calquera idea que lle dote de contido. O Tattoo Circus non se centra na estética, trátase dunha actividade en pro da solidariedade revolucionaria.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s